Primera edición del concurso de carteles de la "Festa do Pemento"

I CONCURSO DE CARTEIS DA “XLII FESTA DO PEMENTO”

Concello de Arnoia

Rúa Outeiro Cruz, 14, 32417 A Arnoia, Ourense
Tfno. 988 48 69 00
info@arnoia.es

Descargar bases

Bases

O CONCELLO DE ARNOIA CONVOCA A I EDICIÓN DO CONCURSO DE CARTEIS DA “42ª FESTA DO PEMENTO DE ARNOIA” co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer a festa do Pemento de Arnoia e a diversidade, riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello, así como de espallar e promover a arte.

DESCARGAR BASES →

 

1. PARTICIPANTES E NÚMERO DE PROPOSTAS

Poden concorrer a este certame todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos se axusten as bases do mesmo.
As propostas dos carteis deberán ser obrigatoriamente presentadas polos autores. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 carteis.A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio se nalgún momento posterior á concesión detectase un incumprimento das bases, así como a rexeitar previamente a concurso os carteis que incumpran o estipulado nas bases.

Os participantes responsabilizaranse, así mesmo, de que non existan dereitos de terceiras persoas sobre o contido da súa proposta, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre elas no que se refire a dereitos de imaxe.

 

2. TEMÁTICA

Modalidade «XLII FESTA DO PEMENTO»:
Abarca todo o relacionado con esta festa dende os preparativos ata a propia celebración, así como a semente, a.

 

3. CARACTERÍSTICAS DOS CARTEIS.
  1. As obras serán inéditas e non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso.
  2. As imaxes deberán ser obtidas mediante calquera técnica, branco e negro ou cor, con deseños en base dixital ou analóxica.
  3. Os carteis propostos deberán ser propiedade do autor que as presente ao certame.

 

4. PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS

Os carteis presentaranse en formato .JPG, .PNG, GIF, BMP, .RAW, .EPS ou .AI no correo electrónico concurso@festadopemento.es indicando no asunto “CONCURSO DE CARTEIS DA XLII FESTA DO PEMENTO”.

Os carteis deberán ir correctamente identificados co seu título, o tema a que pertence e o número de cartel, en caso de presentar varias propostas, e o asunto do correo engadirá ó pseudónimo do autor. No correo electrónico deberá enviar os seguintes datos:

  • Título da obras.
  • Número da proposta.
  • Nome e apelidos do autor.
  • DNI do participante.
  • Domicilio e teléfono de contacto.
  • Correo electrónico do participante.

 

5. ENVÍO

O Concello non se responsabiliza dos danos ou extravíos.

 

6. DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN

A data límite da recepción de traballos será:

Ás 23:59 do 07 de xuño de 2021

 

7. XURADO, FALLO E ENTREGA DE PREMIOS

A participación neste Concurso supón a total aceptación das presentes bases.

O xurado elixido polo Concello fará pública a súa decisión e a data de entrega do premio individualmente ás persoas premiadas, na páxina web do concello e nas redes sociais.

O xurado elixirá entre todas as propostas presentadas ao cartel desta XLII Festa do Pemento de Arnoia.

 

8. PREMIOS

Outorgaranse os seguintes premios:

Primeiro premio: 1.000 €

 

9. PROPIEDADE DAS IMAXES

As obras participantes no concurso pasarán a formar parte da Colección do Concello. E publicaranse nos perfís de Facebook e Instagram @pementosdearnoia e @concellodearnoia

 

10. OUTROS

Máis Información e consultas

  • https://festadopemento.es
  • 988 486 900
  • contacto@festadopemento.es

 

De conformidade coas normativas afectas de protección de datos persoais, todos os datos subministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade do Concello de Arnoia, coa finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir co recollido especificamente nas presentes bases. O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente.

Descargar bases
Organizado por Concello de Arnoia

Rúa Outeiro Cruz, 14, 32417 A Arnoia, Ourense
Tfno. 988 48 69 00
info@arnoia.es

Preguntas frecuentes

¿Cal debe ser o tamaño e o formato de presentación?

O formato do cartel deberá ser presentado en tamaño A2 (ou similar), ainda que será preciso que o gañador poida adaptar o seu deseño a posteriori, aos diferentes formatos necesarios para a promoción da festa, de maneira que manteñamos as liñas artístico-creativas do deseño gañador.

 

¿Que información debe incluír o cartel?

A información e texto a incluír foi algo que non se detallou nas bases do consurso, dado que a maiores dos textos similares ás frases de anos anteriores, que avanzamos a continuación, poderá ser preciso incorparar algunha información máis en función de como avancen os tempos, a situación global e as entidades participantes.

Frases de anos anteriores:

XLII FESTA DO PEMENTO
Do 30 de Xullo ó 1 de Agosto 2021
Declarada de interese turístico Galego

 

¿Que logotipo debemos incluír?

Igual que nos puntos anteriores, será o gañador quen adapte a súa obra para a incorporación dos logotipos patrocinios aos formatos necesarios, en función dos patrocinadores. Evidentemente, o logo do Concello de A Arnoia, Xunta de Galicia e turismo de Galicia, entre outros, serán algúns dos que terán que ser incorporados.