VIII Festival Pandeireteiras

E non podía faltar na Festa do Pemento o esperado Festival de Pandereteiras, que xa vai pola súa oitava edición e que cada ano gaña máis seguidores. Este ano terá lugar o sábado 3 de agosto, a partir das 21:45h, no recinto da Queixeira.

Será unha noite máxica onde poderemos desfrutar da música e o baile tradicional galego coas actuacións de grupos tan destacados como Tremelique, As Lagharteiras de Mos, Medialeva e Airiños de Arnoia.

Non deixes pasar a oportunidade de vivir esta experiencia única nun ambiente festivo e cheo de tradición. Non faltes!