Texto oficial das bases legais.
En caso de calquera dúbida ou contradición entre as distintas versións idiomáticas, prevalecerán as bases legais redactadas en castelán, que son as orixinais.
1. Empresa organizadora da promoción
As empresas ACEITES ABRIL, S.L. (domicilio no Pol. Industrial S. Cibrao das Viñas – CL. 6 Nº18, Ourense; NIF B32218356) e A.C.R.X. REBULE ARNOIA (domicilio en A Arnoia, Ourense; NIF G32466906) organizan con fins promocionais un sorteo (en diante, «a Promoción») de ámbito nacional, que se desenvolverá a través de Instagram e Facebook, exclusivo para usuarios residentes en España (Península) e maiores de idade.
2. Data de inicio e de finalización
A Promoción iniciarase o día 24/07/2026 ás 12:00 h e finalizará o día 28/07/2026 ás 23:59 h.
3. Requisitos de participación e mecánica
Instagram: residir en España e ser maior de 18 anos; seguir a @aceitesabril e @pementosdearnoia; premer «Gústame» na publicación do sorteo (24/07/2026); e deixar un comentario mencionando polo menos 1 perfil persoal dun usuario real. Cada comentario conta como unha participación e cada usuario pode comentar un número ilimitado de veces, sempre mencionando perfís diferentes.
Facebook: mesmos requisitos, seguindo a Aceites Abril e @Festa do Pemento de Arnoia.
A mera participación supón a aceptación expresa e sen condicionantes destas bases. Entenderanse cedidos, en favor de ACEITES ABRIL S.L. e A.C.R.X. REBULE ARNOIA, os dereitos de imaxe e propiedade intelectual que a cada participante puidesen corresponder, aceptando que o seu nome de usuario se poida publicar para anunciar os gañadores.
4. Condicións da promoción e premios
Elixiranse catro (4) gañadores (2 por Instagram e 2 por Facebook) e catro (4) suplentes (2 por rede social), mediante ferramenta de selección aleatoria. Cada gañador/a recibirá 1 pack composto por: 1 garrafa de Aceite de Oliva Virxe Extra (5 L), 1 camiseta personalizada, 1 caixa de pementos, 2 tickets do menú degustación (pementos, croquetas, tortilla e pementos recheos de carne) e 2 tickets para o xeado de pemento na XLVII Festa do Pemento da Arnoia. A garrafa de aceite e a camiseta envíanse a domicilio a cargo de ACEITES ABRIL, S.L.; o resto (caixa de pementos e tickets) recóllense na caseta da festa.
5. Contacto co gañador
Os gañadores serán informados o 29/07/2026 mediante mención na publicación do sorteo e nas stories de ambas as contas. Deberán contactar por mensaxe privada con @aceitesabril / Aceites Abril e enviar os seus datos persoais (nome, apelido, email, localidade e teléfono) para confirmar a aceptación do premio, nun prazo de 48 horas. En caso de non responder, contactarase co primeiro suplente, que disporá de 24 horas. Se non é posible contactar cos gañadores nin cos suplentes, ACEITES ABRIL, S.L. resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
6. Limitacións
Se se evidenciase que un participante non cumpre os requisitos ou que os datos non son válidos, a súa participación considerarase nula. O premio non é transferible nin canxeable por diñeiro ou outro produto, e queda prohibida a súa venda. As organizadoras resérvanse o dereito, con xusta causa e comunicación previa, de cambiar, suspender ou ampliar a promoción. As cargas fiscais derivadas da aceptación do premio corren a cargo do gañador. Non poderán participar empregados directos das empresas organizadoras.
7. Publicación de comentarios ou opinións
Non se permitirán comentarios inadecuados, ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios, nin que vulneren dereitos de terceiros ou os principios de dereito á honra, a intimidade e a propia imaxe. As organizadoras non se responsabilizan dos danos ocasionados polos comentarios dos participantes.
8. Exoneración de responsabilidade
As organizadoras non se responsabilizan de perdas, roubos, atrasos ou outras circunstancias imputables a terceiros, nin do uso que os participantes fagan do premio. Non asumen responsabilidade por casos de forza maior ou caso fortuíto, reservándose o dereito de cancelar, modificar ou suspender a promoción se concorren fraudes, erros técnicos ou outros motivos alleos ao seu control.
9. Desvinculación respecto de Meta
A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada en modo ningún a Meta, polo que os participantes liberan esta plataforma de toda responsabilidade.
10. Protección de datos persoais
De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais, os datos persoais facilitados serán responsabilidade de ACEITES ABRIL, S.L. e A.C.R.X. REBULE ARNOIA e usaranse coa única finalidade de xestionar o sorteo.
11. Cambios
As organizadoras resérvanse o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida en que non prexudique os dereitos dos participantes.
12. Lexislación aplicable e xurisdición
Estas bases rexeranse pola lei española. Para calquera reclamación ou controversia serán competentes os Xulgados e Tribunais da cidade de Ourense.
En caso de calquera dúbida ou contradición entre as distintas versións idiomáticas, prevalecerán as bases legais redactadas en castelán, que son as orixinais.