GASTRONOMÍA

«Todo de pemento»

Do entrante á sobremesa, o pemento da Arnoia é o protagonista de cada prato. Estes son os sabores que che agardan no recinto da festa.
A cociña da festa
Máis de tres mil quilos de pemento
Durante os tres días, os fogóns non paran. As tixolas fritan sen descanso o noso pemento —máis de 3.000 kg nunha soa edición— para servir, quentiño e recén feito, a milleiros de persoas. É a esencia da festa: cociña de rúa, produto da terra e sabor de sempre. Todo de pemento, en todas as súas formas.
Croquetas de pemento
Cremosas por dentro, douradas por fóra.
Pementos recheos
Recheos de carne, ao estilo da Arnoia.
Tortilla de pementos
A tortilla de sempre, con pemento da terra.
Pementos e pan
O clásico: pementos asados con boa broa.
Tortilla de patacas e pementos fritos
Dúas xoias nun mesmo prato.
Xamón asado e pementos
Xamón asado acompañado de pementos.
Menú degustación
Pementos, croquetas, tortilla e pemento recheo.
Queixo con mel de A Arnoia
Queixo do país cun fío de mel local.
Xeado de pemento
A sobremesa máis sorprendente da festa.
Para acompañar
E para regar tanto pemento…
Nada mellor que un bo viño do Ribeiro, pan da terra, queixo con mel de A Arnoia e auga fresca. Todo pensado para gozar sen présa, á sombra dos carballos do recinto.

Coa colaboración de Mesón A Lareira, Panadería-Pastelaría Santa Rita e Nairoa.
Colaboradores da festa

Onde degustar o pemento

As degustacións sérvense nas casetas da festa mediante tickets. Estes son os locais colaboradores onde poderás degustar o pemento da Arnoia:
CaldariaBar IndustrialA Orens Pola VellaA ManolaA LareiraO Inquiau
Receitas da casa

Fai o pemento na casa

Pementos fritos da Arnoia
Ingredientes
Pementos da Arnoia, aceite de oliva virxe extra e sal groso.
Elaboración
Lava e seca ben os pementos. Frite en aceite abundante e ben quente ata que a pel arrugue e dore (2-3 min). Escorre sobre papel, engade sal groso ao gusto e serve quentiños. O segredo: bo aceite e pemento fresco.
Croquetas de pemento
Ingredientes
Pementos da Arnoia, bechamel espesa, ovo batido, pan relado e aceite.
Elaboración
Pica e rustre os pementos, mestúraos coa bechamel e deixa arrefriar. Forma as croquetas, pásaas por ovo e pan relado e frite ata dourar. Cremosas por dentro, crocantes por fóra.
O produto

Coñece o pemento da Arnoia

Con Indicación Xeográfica Protexida, o pemento da Arnoia é moito máis ca un ingrediente: é a identidade da nosa vila.
Descubre o pemento →